Día Mundial do aforro de enerxía: a contribución á descarbonización da enerxía renovable xerada con biomasa

Pontevedra
21 de outubro 2021

O 21 de Outubro celébrase o Día Mundial do aforro de enerxía, co obxectivo de que a sociedade tome conciencia sobre a necesidade colectiva de cambiar certos hábitos de consumo, que permitan unha maior eficiencia no uso de enerxía para o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático

O aforro de enerxía é unha tarefa colectiva Foto creada por freepik - www.freepik.es

O 21 de Outubro celébrase o Día Mundial do aforro de enerxía, co obxectivo de que a sociedade tome conciencia sobre a necesidade colectiva de cambiar certos hábitos de consumo, que permitan unha maior eficiencia no uso de enerxía para o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

A Terra, ademais de provernos das principais fontes de enerxía, ten uns recursos naturais limitados. A explotación intensiva destes recursos pon en perigo a riqueza natural do noso planeta, por iso é preciso darlle un uso racional e acorde coas necesidades sociais, económicas e, por suposto, tamén ambientais.

Ao obxectivo do aforro de enerxía únese o reto de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a través de tecnoloxías de produción de enerxías sostibles. As enerxías renovables e, entre elas, a xeración a partir de biomasa, están chamadas a ocupar un papel protagonista nun contexto de economía circular, cun impacto positivo no medio ambiente e as comunidades nas que desenvolven a súa actividade.

ENERXÍA RENOVABLE CON BIOMASA

A xeración de enerxía sostible e segura é clave para contribuír a unha redución da actual dependencia dos combustibles fósiles e a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro, principalmente as emisións de carbono, no que xa se coñece como proceso de descarbonización.

A enerxía renovable con biomasa ten un enorme potencial de desenvolvemento. De feito, é a única enerxía renovable xestionable e, por tanto, non dependente das circunstancias meteorolóxicas. Destaca así mesmo pola súa capacidade de creación de emprego, de desenvolvemento do medio rural e de contribución á mellora do medio ambiente. Neste sentido hai que resaltar a súa contribución ao coidado e limpeza dos montes. E é que esta actividade contribúe a unha redución do risco de incendios de ata un 70 %, así como o aproveitamento dos restos agrícolas, evitando a súa queima descontrolada e contaminante nos nosos campos.

Ence é a primeira empresa de España en produción de enerxía renovable con biomasa forestal e agrícola. As biofábricas de celulosa do grupo contan cunha tecnoloxía que lles permite ser enerxeticamente autosuficientes utilizando recursos renovables. Así, a partir da parte da madeira que non se emprega para producir celulosa, estas biofábricas xeran toda a enerxía renovable que consome o seu proceso industrial.

De feito, en 2020 Ence Pontevedra xerou máis de 256 GWh de enerxía renovable aproveitando a biomasa derivada do proceso de produción da celulosa, cunha potencia instalada de xeración de enerxía renovable de 35 MW.

ENERXÍAS RENOVABLES CERTIFICADAS

As instalacións de enerxía da biofábrica de Ence Pontevedra están integradas nos sistemas de calidade do seu complexo industrial, avalados coas Certificacións de Calidade segundo as normas ISO 9001 e de Medio Ambiente ISO 14001. A biofábrica está presente no Rexistro de empresas adheridas de forma voluntaria ao Regulamento Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS). Así mesmo, conta co Sistema de Xestión para a Prevención de Riscos Laborais, certificado segundo o estándar OHSAS 18001.

Ence fixo da súa biofábrica pontevedresa unha das primeiras do mundo en desempeño ambiental no seu sector. Os resultados de xestión ambiental da mesma melloran ata nun 87,7% os indicadores BREF, que definen as mellores prácticas na Unión Europea para a produción de pasta.

Esta biofábrica galega foi galardoada con importantes recoñecementos a nivel internacional, entre os que destacan a etiqueta ecolóxica Nordic Swan – ecoetiqueta oficial dos países nórdicos – por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental; a distinción Ouro da Comisión Europea, en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos; ou a Certificación AENOR Residuo Cero, o selo ambiental que acredita que a compañía leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, e que é capaz de valorizalos, propiciando o seu aproveitamento para darlles unha nova vida dentro do seu proceso de produción, un claro exemplo de economía circular.