Día de Colón para lembrar

Pontevedra
14 de agosto 2017

Recentemente celebrouse en Combarro o Día de Colón e toca facer balance. Este evento foi un éxito na súa oitava edición, ata o punto de que xa está incluído no calendario de festas temáticas dos afeccionados para revivir unha parte da nosa historia. A Asociación Cultural, Xuvenil e Deportiva "Combrus" foi a encargada de organizar unha festa que tamén reivindica que Cristóbal Colón naceu en Poio. Falamos con Juanjo García, membro da directiva e un dos organizadores do Día de Colón.

Día de Colón 2017, en Combarro Diego Torrado

Recentemente celebrouse en Combarro o Día de Colón e toca facer balance. Este evento foi un éxito na súa oitava edición, ata o punto de quexa está incluído no calendario de festas temáticas dos afeccionados para revivir unha parte da nosa historia.

A Asociación Cultural, Xuvenil e Deportiva "Combrus" foi a encargada de organizar unha festa que tamén reivindica que Cristóbal Colón naceu en Poio. Falamos con Juanjo García, membro da directiva e un dos organizadores do Día de Colón.

Cal é o balance que facedes de como se desenvolveu o Día de Colón?

- Moi contentos. Creo que é un evento que cada ano vai a máis. Este ano grazas a que Ence sumouse como patrocinador, co Concello de Poio e a Deputación Provincial, puidemos investir máis en publicidade e creo que iso se notou na grande afluencia de visitantes. Ademais, puidemos contar con máis grupos e máis contratacións. Poderiamos resumilo en que puidemos ter unha oferta máis diversa.

E dentro desta oferta diversa, que actividade ou espectáculo destacarías?

- O espectáculo que máis tirón ten, sen dúbida, é a xusta medieval. Este ano, grazas á axuda de Ence púidose manter, se non, teríamola que eliminar debido ao seu alto custo.

A afluencia de público aumenta con cada edición, hai algún tipo de visitante que vos chamara a atención?

- Hai un grupo de persoas que a se xuntan e fan o circuíto de festas medievais ou festas temáticas por Galicia e a nosa festa apuntárona como unha máis e asisten ano a ano.

E para a novena edición, xa empezastes a pensar en como ides enfocala?

- Pois estamos a pensar no tema dos xogos. Xa temos unha zona infantil de xogos tradicionais pero estamos a pensar en ter un espazo moito máis grande, involucrando a todos os veciños e sobre todo á xente nova, para poder recuperar unha serie de xogos nos que terán que participar por agrupacións, como as carreiras de barrís ou o xogo da corda.

Este ano, o Día de Colón contou co apoio de Ence Pontevedra, a través das axudas do seu I Plan Socialno apartado de apoio a Proxectos de Educación e Cultura.

Arquivado en