Detido un veciño de Cambados ao que sorprenderon con 16 doses de cocaína

O Salnés
02 de abril 2025
Actualizado: 14:07

O arresto realizárono axentes da Garda civil de Sanxenxo durante un control preventivo na vía pública. Ten diversos antecedentes por feitos similares e quedou en liberdade en sede policial

Cocaína intervida ao detido en Cambados
Cocaína intervida ao detido en Cambados Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil detivo un veciño de Cambados de 44 anos como suposto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas

O arresto realizárono axentes da Garda civil de Sanxenxo durante un control preventivo na vía pública.

Os axentes deron o alto ao vehículo que conducía este home e localizaron no interior 16 envoltorios plásticos que resultaron levar dentro 12,80 gramos de cocaína.

Tamén intervieneron 270 euros en billetes de diverso valor que nese momento o detido levaba no pantalón.

O detido xa foi posto en liberdade en sede policial e o caso está agora en mans do Xulgado de Cambados.

Trátase dun home con diversos antecedentes por feitos similares.