Detido o subministrador de cocaína e marihuana de varios trapicheros do centro de Pontevedra

Pontevedra
10 de marzo 2025
Actualizado: 16:08

No seu domicilio atoparon cocaína en roca que unha vez procesada daría como resultado 1.000 doses e 160 gramos de marihuana. Trátase dunha operación das policías Local e Nacional

Efectos intervidos na operación Ninja
Efectos intervidos na operación Ninja Policía Nacional | Policía Local de Pontevedra

A Policía Nacional de Pontevedra deu por desarticulado un punto negro moi activo de distribución e venda de cocaína e marihuana en a zona centro de Pontevedra.

A operación, bautizada Ninja, contou coa colaboración do grupo SAI da Policía Local de Pontevedra.

Os investigadores detiveron un home como presunto encargado de fornecer sustancia estupefaciente a varios provedores da zona centro.

No rexistro do seu domicilio, incautaron cocaína en roca que, unha vez procesada, daría como resultado unhas 1.000 doses e 160 gramos de marihuana.

Tamén interviñeron 1.000 euros e numerosos útiles para a preparación e distribución da sustancia estupefaciente.

A investigación foi "laboriosa", segundo fontes policiais.

Remóntase a principios do ano 2023, cando se tivo coñecemento, grazas á colaboración cidadá, de que nun domicilio situado nunha localidade próxima da cidade dedicábanse á venda activa e distribución de cocaína e marihuana, ademais de ser un punto de consumo importante.

As primeiras xestións foron iniciadas polo grupo 1 de Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional "en estreita colaboración" co Grupo SAI da Policía Local, que prestou o seu apoio nas distintas incautacións de droga realizadas ao longo da investigación.