Detido por ferir na cara á súa muller durante unha discusión

Pontevedra
24 de xuño 2024

Un home de 41 anos, veciño de Pontevedra, foi detido o pasado domingo pola Policía Local tras agredir a súa muller, de 42 anos, dándolle un moquete na cara. Atribúeselle un presunto delito de malos tratos no fogar

policia local Mónica Patxot

Un home de 41 anos, veciño de Pontevedra, foi detido o pasado domingo pola Policía Local tras agredir a súa muller, de 42 anos, dándolle un moquete na cara.

Atribúeselle un presunto delito de malos tratos no fogar. 

A vítima informou á Policía Local de que fora o seu home, co que levaba convivindo 20 anos, quen a agrediu logo dunha discusión de carácter económico.

Ela estaba na habitación da súa filla, cando el entrou, agarrouna polo pelo e deulle un moquete na cara. Esta versión tamén foi confirmada pola filla da parella, quen na pelexa recibiu un golpe na cara cun cóbado. 

Os policías comprobaron que a muller tiña unha ferida sangrante no nariz, polo que foi traslada ao hospital para realizarlle probas radiolóxicas. 

O home, pola súa banda, confirmou a discusión e que lle tiña tirado dos pelos á vítima, pero negou o moquete. Presentaba arañazos no corpo, que tanto a vítima como a súa filla atribuíron á súa defensa. 

O detido foi posto a disposición da Policía Nacional como presunto autor dun delito de malos tratos.