A Policía Local de Pontevedra detivo un home de 40 anos acusado de agredir á súa parella e á filla maior desta, unha nena de apenas 10 anos.
Ao detido, segundo informou a Policía Local, investígaselle por un delito de violencia de xénero e un delito de violencia doméstica.
A agresión produciuse tras unha discusión no domicilio familiar.
El encarouse coa súa parella e ela, para tratar de afastalo, golpeouno.
Foi entón cando o agora arrestado respondeu agredíndoa e tirándolle dos pelos.
No transcurso da rifa, tamén empuxou á filla da súa parella coa que, segundo recolle o atestado policial, é desconsiderado de maneira habitual.
Esta circunstancia tamén foi confirmada pola súa irmá menor, de 3 anos.
O detido recoñeceu manter a discusión coa súa parella, pero insistiu en que fora ela quen lle pegara a el.
Despois de escoitar a todos os implicados, a Policía Local acordou detelo.