Detido o condutor que fuxiu dun accidente en Poio arrastrando 51 metros a unha muller

Poio
15 de setembro 2024

A Policía Local de Poio identificou e detivo o presunto responsable do suceso, un home de 70 anos de idade. Acúsaselle dun delito contra a seguridade do tráfico, condución temeraria e dun delito de lesións 

Coche do detido na entrada das dependencias da Policía Local de Poio Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio identificou e detivo o presunto responsable dun grave incidente de circulación ocorrido o pasado día 9 de setembro na a Avenida de San Xoán de Poio.

Trátase do condutor que se deu á fuga tras chocar contra un vehículo estacionado e que tras ser cuestionado por unha familiar do vehículo afectado que a seguiu en motocicleta deuse á fuga arrastrando á muller, atrapada pola xanela, durante 51 metros.

A moza sufriu lesións de consideración polo arrastre.

O home, veciño de Poio de 70 anos de idade, foi detido polos axentes este sábado 14 de setembro tras varios días de investigacións.

Impútaselle un presunto delito contra a seguridade do tráfico, outro por condución temeraria e outro delito de lesións.

Explica a Policía Local de Poio que os autores deste tipo de feitos enfróntanse a penas de prisión de dous a cinco anos, multa de 12 a 24 meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores durante un período de seis a dez anos.

Unha vez foille tomada declaración as dilixencia do caso foron trasladadas ao xulgado de garda.