A Policía Nacional de Pontevedra mantén aberta una investigación para investigar un crimen sucedido de madrugada en Estribela. Un home foi detido como suposto autor da morte dunha muller de 33 anos á que presuntamente matou cunha arma branca nunha vivenda okupada.
Todo ocorreu, segundo puido saber PontevedraViva, sobre as 5 da madrugada deste domingo a este luns e pouco despois o suposto autor foi detido e trasladado aos calabozos da Policía Nacional de Pontevedra. Trátase dun home de 47 anos de orixe portugués con múltiples antecedentes policiais.
Tamén a vítima tiña antecedentes policiais e, de feito, este mesmo martes tiña previsto un xuízo por un altercado que presuntamente protagonizou nos xulgados da Parda de Pontevedra, nos que entrou, causou desfeitas e mesmo queimou unha bandeira.
O xuíz ordeou o levantamento do cadáver minutos antes das dez da mañá. Segundo puido saber PontevedraViva, o corpo presentaba feridas de arma branca e tamén fortes golpes na cabeza.
O crime tivo altas doses de violencia. Todas as hipóteses están abertas, pero, en principio, descartouse que se trate dun caso de violencia de xénero. O suposto homicida e a vítima non tiñan nin tiveran unha relación sentimental.
As distintas fontes consultadas por este xornal apuntan a que podería estar relacionado cun asunto de drogas. Ambos son presuntamente toxicómanos.
O primeiro aviso do crime recibiuno o 112 e os primeiros en chegar ao lugar foron os axentes da Policía Local de Marín, pois todo ocorreu no límite entre os municipios de Marín e Pontevedra. Foron axentes deste Corpo os que detiveron ao sospeitoso.
Finalmente, puido determinarse que se trata da rúa Cunchidos en Estribela, en Pontevedra. O crime ocorreu no interior dunha vivenda.
Ata lugar tamén foron axentes da Policía Local de Pontevedra aínda que finalmente fíxose cargo da investigación da Policía Nacional de Pontevedra.
Na zona están desde primeira hora axentes da Policía Científica da Policía Nacional investigando os feitos.