A última operación antidroga conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil desenvolvida en Vilanova de Arousa permitiu desarticular unha organización criminal de cidadáns albaneses cando se atopaba "alixando" 1,1 toneladas de cocaína.
Así, abordaron na auga unha planadora no momento xusto no que se atopaba alixando na praia de Rego do Alcalde, en Vilanova, e detiveron en terra de todas as persoas que se atopaban preparadas para cargar e transportar o estupefaciente nos vehículos que tiñan preparados.
En total, foron detidas oitos persoas. O mércores de madrugada foron arrestadas sete de nacionalidade albanesa e a última hora da noite caeu un oitavo, este veciño da comarca de O Salnés, segundo confirmaron fontes oficiais.
As oito persoas detidas pasaron a disposición xudicial en Vilagarcía este xoves e, segundo confirmaron fontes da investigación, sete ingresaron en prisión e 1 quedou en liberdade.
Interveuse a embarcación de 12 metros de eslora e 1350 cv de potencia, unha pistola, dous vehículos e equipos de comunicación.
É resultado de meses de investigación, desde novembro de 2024, sobre unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas instalada nO Salnés.
Os investigadores, dirixidos polo Xulgado de Instrución 3 de Vilagarcía e a Fiscalía Antidroga de Pontevedra, detectaron que a finais de decembro unha embarcación de alta velocidade dotada de tres motores de 450 cv de potencia cada un fíxose ao Atlántico.
Ían cuatro persoas abordo con destino a un punto xeográfico establecido para obter a ilícita carga.
Finalmente, durante a madrugada do martes ao mércores, unha vez localizada a embarcación, oun equipo do GEO da Policía Nacional levou a cabo a súa abordaxe na auga e unidades da Policía Nacional e a Garda Civiil montaron un dispositivo terrestre simultáneo.
A investigación, bautizada Baroña, contou coa colaboración da DEA norteamericana, a Policía Judiciaria de Portugal e a Aduana de Francia.
Continúa aberta sen descartarse novas detencións.