Detida unha parella con MDMA, speed e éxtase durante un control na peaxe de Vilaboa

Vilaboa
06 de novembro 2024
Actualizado: 14:00

Os detidos son unha muller, de 24 anos, con domicilio en Barcelona, e un home de 25, veciño de Pontevedra

Material intervido no rexistro do vehículo Guardia Civil

A Garda Civil detivo a dúas persoas no transcurso dun dispositivo de verificación de vehículos e persoas na autoestrada AP-9, á altura da peaxe de Vilaboa.

Os detidos son unha muller, de 24 anos, con domicilio en Barcelona, e un home de 25, veciño de Pontevedra.

Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, a patrulla da Compañía da Garda Civil de Pontevedra, estaba realizado este control o pasado martes cando deu o alto a un vehículo no que viaxaban dúas persoas.

Os signos de nerviosismo que mostraba esta parella levou aos axentes a proceder á súa identificación constatando que ambos contan con antecedentes policiais por tenencia e consumo de drogas.

Os gardas civís realizaron un rexistro das súas pertenzas e localizaron un total de 20,70 gramos de MDMA, 10 gramos de speed e 83 pastillas de éxtase, cun peso de 50 gramos. Ademais levaban no vehículo unha báscula de precisión e varios obxectos para a preparación e o corte de sustancias estupefacientes.

Inmediatamente estas dúas persoas foron detidas por un suposto delito de tráfico de drogas, sendo trasladadas ao acuartelamento de Moaña onde unha vez practicadas dilixencias pertinentes foron postos en liberdade coa obrigación de comparecer no Xulgado de Instrución número 2 de Cangas cando sexan requiridos.