Dúas patrullas fiscais da Garda Civil de Vilagarcía detiveron dous mozos de 28 e 30 anos como como supostos autores dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas tras 'pillalos' en posesión de dous quilos de haxix.
Os detidos son J.M.L., de 30 anos de idade e veciño da Pobra do Caramiñal, e a AM.G.F., de 28 e con domicilio en Ribeira. Segundo informou a Garda Civil, continúase coas investigacións polo que non se descartan máis detencións en relación con este feito delituoso.
Os arrestos producíronse este martes 21 de maio nun punto de verificación realizado pola Garda Civil de Vilagarcía na estrada N-640.
Cando deron o alto a un turismo Ford Fiesta no que circulaban dúas persoas, ambos os dous presentaron un estado de nerviosismo, de modo que os axentes realizaron unha minuciosa inspección do vehículo.
No habitáculo do acompañante localizaron unha caixa dun DVD que contiña dous paquetes envolvidos en fita adhesiva, tipo fardo. Unha vez abertos, os axentes comprobaron que eran barriñas de haxix envolvidas en filme que botaron un peso conxunto de dous quilos.
Ambos os dous ocupantes foron detidos e trasladouse ao cuartel. Alí comprobouse que carecen de antecedentes. Están pendentes de pasar ao Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía.