A Asociación Juan XXIII, a entidade que traballa no desenvolvemento de persoas en situación de vulnerabilidade psicosocial, celebra este 2022 a súa Festa de Nadal.
A celebración será cun espectáculo organizado de maneira solidaria porDiscotecas Móviles Dolce Vita, que proporcionará o soporte técnico e audiovisual para as actuacións de DJ de alto nivel.
Desta forma, durante o mércores 21 de decembro, nas instalacións da asociación en Pontevedra situadas en Eduardo Blanco Amor, número 66, as persoas usuarias da entidade terán a oprotunidade de participar dunha discoteca con luces e son.
Nesta sesión de carácter altruísta colaboran disc-jockeys invitados como Mike Style, Cristian Álvarez, Bruno Deejay e Will Pérez, que se encargarán de marcar ritmos para o goce de todas as persoas que acudan a esta cita musical e festiva.