Unha operación conxunta realizada entre Garda Civil e da Policía Local de Bueu permitiu esta semana desmantelar unha plantación de marihuana con 41 plantas nesta localidade e incautar tres máis na vivenda continua.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o fillo do propietario da leira na que estaba a plantación está investigado por un presunto delito contra a saúde pública por cultivo e elaboración de drogas.
Ademais, denunciaron pola vía administrativa ao dono da propiedade contigua, na que se interviñeron tres macetas, con outras tantas plantas de marihuana, visibles desde a vía pública.
Esta operación forma parte do Plan Operativo de resposta policial ao tráfico retallista e consumo de droga e realizárono efectivos do posto da Garda Civil de Marín e a Policía Local de Bueu.
A incautación produciuse o pasado martes nunha leira situada na periferia da localidade de Bueu.
As dilixencias instruídas e as plantas intervidas foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Marín, onde deberá comparecer a persoa investigada cando sexa requirida pola autoridade xudicial.