Desestimado o recurso das funerarias pola suspensión de licenzas para crematorios

Pontevedra
29 de febreiro 2016

A Sección Segunda da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando o recurso interposto polas funerarias Pompas Fúnebres e Alianza e Barros contra a suspensión de licenzas para crematorios aprobada polo Concello de Pontevedra

Membros da plataforma anti crematorios ás portas do Pleno municipal Mónica Patxot

A Sección Segunda da sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando o recurso interposto polas funerarias Pompas Fúnebres e Alianza e Barros contra a suspensión de licenzas para crematorios aprobada polo Concello de Pontevedra.

A suspensión das licenzas foi unha decisión de finais do ano 2012 tomada polo goberno local ante a protesta veciñal xurdida pola presentación de ata cinco proxectos para construír crematorios na cidade.

Segundo informou o goberno local de Pontevedra, o Alto tribunal galego non estima as pretensións dos demandantes que argumentaban a existencia de "vicios de nulidade" pois consideraban que desde o goberno local está a facerse "unpremeditado deseño de todo o proceso administrativo para que unha soa sociedade, Funespaña, se faga co monopolio do sector na cidade", o que atenta contra a libre competencia do mercado, e constitúe unha clara fraude da legalidade.

AmpArticleViewer.default.tags