Deseñan plans alternativos para recibir aos Reis Magos en Sanxenxo en caso de choiva

Sanxenxo
02 de xaneiro 2025
Actualizado: 16:29

En caso de mal tempo a recepción real realizarase no pavillón de Nantes, entre outros cambios previstos

Cabalgata de Reis en Sanxenxo Concello de Sanxenxo

As previsións de choiva para este domingo obrigaron ao Concello de Sanxenxo a activar un plan alternativo para a chegada dos Reis Magos o vindeiro domingo, 5 de xaneiro.

Se non chove, está previsto que as súas maxestades cheguen en barco ao porto de Sanxenxo ás 16:30 horas onde ofrecerán unha recepción até as 18:30 horas e logo partirán para Portonovo.

Tres carrozas acompañadas de beduinos e do Tren Mago, que levará a bordo a nenos do municipio, formarán o séquito real.

Na curva de Portonovo haberá un Belén Viviente organizado polo colectivo Lembranzas, unha vella tradición que se recupera este ano. Melchor, Gaspar e Baltasar entregarán ao neno Xesús ouro, mirra e incenso.

Pola mañá, a partir das 11 horas o Tren Mago percorrerá as parroquias levando a bordo aos maiores do municipio e anunciando a chegada das súas Maxestades pola tarde.

No caso de mal tempo, o Tren recollería a Melchor, Gaspar e Baltasar no Pazo de Emilia Pardo Bazán trasladándolles ao pavillón de Nantes para unha recepción real. Os nenos poderán visitarlles desde as 16:30 até as 18:30 horas. Repartiranse máis de 600 quilos de caramelos e haberá música e chocolate con churros.

O Belén Viviente trasladaríase neste caso ao pavillón que se decorará para a ocasión.

A partir das 12:30 horas e se o tempo o permite, como xa é tradición, a Asociación Cultural Soalleira de Dorrón interpretará a súa Danza de Reis en distintas prazas de Sanxenxo como Pascual Veiga, Rosa dos Ventos e a Praza dos Barcos. En caso de choiva, a actuación posporase para o final da Recepción Real, ás 18:30 horas.

Para o 6 de xaneiro está previsto o Concerto de Reis a cargo da Banda de Música de Sanxenxo, a partir das 19:30 horas, no Auditorio de Emilia Pardo Bazán. A actuación terá un fin solidario polo que os asistentes deberán acudir cun quilo de alimento non perecedoiro que se doará ao Banco de Alimentos.