Descobre o segredo do éxito dos viños galegos que triunfan dentro e fóra de España

Pontevedra
17 de xullo 2024

Levan máis de tres décadas en constante crecemento e expansión nacional e internacional e cada ano reciben preto de 200 premios nos certames máis prestixiosos do mundo. Falamos dos viños D.O. Rías Baixas co seu rei, o Rías Baixas Albariño, á cabeza; o branco favorito en Galicia, e cada vez máis en Nova York, Londres, Tokio ou Berlín. Cal foi o seu segredo?

Os viños de Rías Baixas harmonizan con todo tipo de pratos e gastronomías D.O. Rías Baixas

Levan máis de tres décadas en constante crecemento e expansión nacional e internacional e cada ano reciben preto de 200 premios nos certames máis prestixiosos do mundo. Falamos dos viños D.O. Rías Baixas co seu rei, o Rías Baixas Albariño, á cabeza; o branco favorito en Galicia, e cada vez máis en Nova York, Londres, Tokio ou Berlín. Cal foi o seu segredo? 

A calidade e o prestixio dos viños de Rías Baixas é recoñecida dende hai décadas dentro e fóra de España e segue crecendo en vendas e na conquista de novos mercados. Este caso de éxito empezou a forxarse hai apenas 37 anos, cando adegas e viticultores de toda a provincia uníronse e crearon o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas co obxectivo común de converter as uvas autóctonas cultivadas en pequenas parcelas en viños da máxima calidade, capaces de sorprender o mundo.

Os viños de Rías Baixas son viños frescos, afroitados, longos en boca, salinos, cunha marcada orixe atlántica e unha acidez equilibrada que gustan cada vez máis e harmonizan con todo tipo de pratos e gastronomías. Son o mellor aval para a intensa e exitosa promoción desenvolvida nestas tres décadas longas e unha garantía de futuro. 

E é que as tendencias internacionais no consumo do viño sopran a favor dun produto moi de aquí e demostran que a defensa do auténtico foi a mellor das estratexias que podían desenvolver adegas e viticultores, cun éxito rotundo que se confirma ano a ano.

Viños brancos e espumosos, en crecemento

É unha tendencia lenta pero segura en todo o mundo; o consumo de viño tinto retrocede e o de branco e espumoso crece. Segundo un estudo da Organización Internacional do Viño e a Viña (OIV), o consumo mundial de viño tinto caeu un 15% nos últimos 17 anos. Mentres, o consumo de viño branco creceu un 10% dende 2000 e alcanzando unha cota de consumo mundial do 42,2%. E os espumosos? Este tipo de viños que cada vez máis adegas da D.O. Rías Baixas elaboran son moi demandados e xa non só en celebracións, senón como maridaxe de aperitivos ou de toda unha comida, dende o entrante á sobremesa.   

Viños frescos

Se algo define ao Rías Baixas Albariño e aos viños da D.O. Rías Baixas é a súa frescura. Esta calidade é altamente buscada polo consumidor de viño de hoxe en día que prima viños cunha experiencia de consumo lixeira e refrescante. Os Rías Baixas brancos (e tamén os tintos) cumpren e por iso combinan con toda clase de gastronomías e son perfectos en calquera momento do ano. As distintas elaboracións de viños D.O. Rías Baixas presentan unha gama enorme de perfís aromáticos e matices diferentes que triunfan tanto en Cambados como en República Dominicana.

Orixe e diversidade

O consumidor de viño actual quere non só gozar dun viño senón da súa orixe. A diversidade de variedades de uva autóctonas (14 en total), subzonas e parcelas de minifundio extremo nas que se divide a D.O. Rías Baixas permite elaborar viños moi diversos e de orixe moi marcada, que falan do territorio e captan como poucos a contorna na que se desenvolven. E como boa uva autóctona, a Albariño crece aquí mellor que en ningún outro sitio, dando como resultado viños de gran calidade, que trasladan en cada sorbo o clima, a orografía, a luz, o mar das Rías Baixas... Por iso o Albariño Rías Baixas é único e con moito máis carácter que calquera Albariño elaborado noutro lugar do mundo. E coñecer este lugar só pode falar a favor dos seus viños.

Enoturismo

A cultura do viño expándese cada vez máis e alcanza a un público diverso e amplo. O enoturismo marca tendencia con plans para descubrir os procesos de produción do viño, a historia e a conexión co territorio. Pero poucas zonas vitivinícolas reúnen un paraíso como as Rías Baixas, con viñedos ao pé do mar ou en contornas fluviais únicas, adegas localizadas en impresionantes pazos ou con inmellorables vistas, as mellores e máis diversas praias, un patrimonio histórico e natural impresionante e unha gastronomía extraordinaria. A Ruta do Viño Rías Baixas foi pioneira en España e foi amplamente recoñecida como as mellores do país. Pero o mellor é que non hai afeccionado ao viño ou profesional vinculado a este mundo que non acabe marabillado tras a súa visita á D.O. Rías Baixas.

Sustentabilidade

A aposta polas adegas que priorizan o coidado da natureza na súa produción é unha tendencia á alza. A viticultura tradicional á que estamos afeitos en Rías Baixas, con poda e vendima manual, é pouco frecuente noutros territorios e é máis respectuosa coa vide e co terreo. A reutilización dos restos de vendima, poda e elaboración; os sistemas de condución tradicionais como a parra, a aposta crecente das adegas por reducir tratamentos fitosanitarios nos viñedos e buscar alternativas sostibles son algúns exemplos na D.O. Rías Baixas. Pero a sustentabilidade vai aquí máis aló do ambiental, tamén implica o social e o económico, onde o viño é un catalizador de riqueza e emprego no ámbito rural e implica a máis de 5.000 familias e case 180 adegas.

Un viño único, un Branco Como Ningún

Os viños de Rías Baixas atraen cada vez máis miradas e interese tamén dos importadores e consumidores de diferentes zonas do mundo aos que apaixona coñecer todo o que hai detrás de cada copa, un territorio e unha forma de entender a vitivinicultura totalmente diferencial, que nos define e permítenos elaborar viños únicos, como o Albariño Rías Baixas, un Branco Como Ningún.