42 pacientes continúan hospitalizados nos centros hospitalarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés este martes 3 de agosto. 35 deles atópanse en planta mentres que 7, un máis que o luns, na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
29 pacientes atópanse ingresados en planta do Hospital Montecelo, catro no Hospital do Salnés e outros dous no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Nesta xornada, a Consellería de Sanidade traslada que se manteñen 2.894 casos activos na área, 31 casos menos que na xornada do luns, dos que 2.852 pacientes atópanse nos seus domicilios evolucionando da súa enfermidade.
Desde o inicio do plan de continxencia faleceron 189 persoas nesta zona da provincia. As últimas comunicadas polo SERGAS son dúas mulleres de 95 e 81 anos en Montecelo, ademais dun home de 87 e unha muller de 91 anos no Hospital do Salnés. Todos eles presentaban patoloxías previas. Desde o inicio da pandemia curáronse 16.431 persoas, 135 máis nas últimas horas.
Nas últimas horas detectáronse 110 novos positivos nas 676 probas PCR realizadas polo SERGAS. No municipio de Pontevedra o número de casos rexistrados este martes é de 837 positivos, un máis que o 2 de agosto.
DATOS GALICIA
Galicia presenta 837 novos casos positivos nas últimas 24 horas. Son 102 contaxios diarios menos respecto a os notificados durante o 2 de agosto e 463 menos que os rexistrados o últimos martes de xullo, hai unha semana.
O número de persoas falecidas con coronavirus ascende a 2.474, tras a comunicación realizada a última hora do luns pola Consellería de Sanidade de dez mortes máis como consecuencia da pandemia, o dato máis elevado durante o últimos cinco meses na comunidade autónoma.
A cantidade de casos activos este martes na comunidade é de 18.771 positivos, 36 menos que o luns; con 836 persoas curadas nas últimas 24 horas.
A cifra de pacientes hospitalizados descende en 25, sendo agora de 303 e na UCI permanecen 42 persoas, unha menos que na xornada de onte.
Por áreas sanitarias, a situación é a seguinte: Vigo: 4.590 (+13) A Coruña-Cee: 4.091 (+89) Pontevedra-O Salnés: 2.894 (-31) Santiago-O Barbanza: 2.260 (-42) Lugo: 2.231 (-26) Ourense: 1.715 (-48) e Ferrol: 990 (+9).