Desbloquear a Vía Verde, a petición de Vilaboa a Papá Noel

Vilaboa
25 de decembro 2024

O goberno local de Vilaboa aproveitou a presenza de Papá Noel na localidade para amosarlle o potencial que teñen as vellas vías do ferrocarril agora sen uso e que formarían parte da Vía Verde

Papá Noel, no treito ferroviario proxectado como Vía Verde Concello de Vilaboa

Papá Noel, ao igual que no resto dos concellos da comarca, pasou por Vilaboa, pero de aquí levou unha petición moi especial. Que lles axuden a desbloquear a Vía Verde.

Así llo pediu o alcalde, César Poza, que subliña a necesidad de recuperar este tramo ferroviario nun espazo singular e de gran valor ambiental.

O goberno local de Vilaboa aproveitou a presenza de Papá Noel na localidade para amosarlle o potencial que teñen as vellas vías agora sen uso do ferrocarril e que formarían parte da Vía Verde, un proxecto que leva paralizado desde hai máis dunha década.

A bordo dunha vagoneta adaptada para a ocasión, Papá Noel percorreu este paraxe natural e sumouse á reivindicación do Concello de Vilaboa para desbloquear un proxecto que aspiraba a converterse na maior senda peonil e ciclista do noroeste peninsular.

Este itinerario contribuiría ademais a poñer en valor e dinamizar entornos rurais, ademais de favorecer a actividade física en contacto coa natureza

César Poza, que acompañou a Papá Noel neste percorrido, insistiu na importancia de desafectar este tramo situado nun espazo moi singular e de gran valor ambiental e que abriría a posibilidade de conexión coas Salinas do Ulló de xeito amable e seguro.

Recordou a petición de Vilaboa de poder utilizar a vía como senda verde mentras Adif non acorda outro uso, xa que agora é un foco de maleza, de contaminación e un perigo para a veciñanza.

Papá Noel fixo unha primeira parada en Figueirido para saludar á cativada e despois presidiu unha gran festa infantil en Paredes, na que houbo música ambiente, chocolate e chucherías para os máis pequenos e onde visitou o alumeado instalado pola veciñanza.