Desarticulan un punto de venda de droga na cidade e sacan do mercado 250 doses de cocaína

Pontevedra
16 de maio 2024

Os axentes tiñan coñecemento da existencia deste punto e púxose en marcha un dispositivo de prevención e vixilancia para a localización e identificación dos posibles responsables. Como resultado das investigacións, identificaron a un individuo e, tras un cacheo de seguridade, atopáronlle a droga

Policía nacional Mónica Patxot

Unha persoa detida e 250 doses de cocaína fose do mercado. É o resultado directo da última actuación da Policía Nacional de Pontevedra dentro do Plan contra o menudeo e tráfico medio de estupefacientes na cidade

A Policía Nacional dá por desarticulado un punto negro de venda e distribución de droga na cidade de Pontevedra.

Os axentes tiñan coñecemento da existencia deste punto e púxose en marcha un dispositivo de prevención e vixilancia para a localización e identificación dos posibles responsables. 

Como resultado das investigacións, identificaron a un individuo e, tras un cacheo de seguridade, os axentes localizaron entre as súas pertenzas 250 doses de cocaína.

O home foi detido por un delito contra a saúde pública e o caso trasladouse ao Xulgado de Garda.