Denuncian o abandono de ata 26 gatos en Pontevedra en tan só tres días

Pontevedra
10 de maio 2022

Difusión Felina asegura que é unha conduta que consideran que "non é acorde" coa sociedade actual. Os animais apareceron a semana pasada, entre os días 4 e 6 de maio, en rúas tan distantes entre si como Francisco Asorey, a Rúa do Costado, Avenida de Bos Aires e a Rúa Cambria.

Gatos abandonados en Pontevedra Difusión Felina

A asociación Difusión Felina denunciou o abandono de 26 gatos por toda a cidade de Pontevedra, unha conduta que consideran que "non é acorde" coa sociedade actual.

Os animais apareceron a semana pasada, entre os días 4 e 6 de maio, en rúas tan distantes entre si como Francisco Asorey, a Rúa do Costado, Avenida de Bos Aires e a Rúa Cambria.

Estes gatos, algúns deles recentemente nados, aínda dependen das súas nais e están "totalmente indefensos", segundo Difusión Felina, o que engadido ás altas temperaturas que se rexistraron "púidolles provocar unha angustiosa morte".

Afirman que os gatos apareceron dentro de contedores de lixo ou en caixas de cartón, se bo moitos deles estaban mesmo no interior de transportíns, como os cinco aparecidos á beira do Río Lérez ou os once que deixaron na porta da vivenda dunha alimentadora.

Difusión Felina xa denunciou estes feitos ante as autoridades e piden colaboración cidadá para localizar aos infractores, xa que lembran que o actual Código Penal castiga a quen faga perigar a vida ou a integridade dun animal.

"Dise que a grandeza dunha nación e o seu progreso moral poden ser xulgados pola forma en que se trata ao seu animais pero parece ser que Pontevedra avanza con paso firme no sentido contrario", afirma a asociación, que lamenta que "os obrigados actuar miran cara a outro lado".