Denuncian ante a Fiscalía que un interno da Lama tentou agredir unha funcionaria

A Lama
25 de novembro 2024
Actualizado: 18:12

O sindicato ACAIP-UGT relata que o interno sorprendeuna nunha das escaleiras alegando que debía entregarlle un documento. Suxeitouna polo pescozo, apretona contra a parede e agrediuna

Prisión da Lama Mónica Patxot

A dirección do centro penal da Lama denunciou ante a Fiscalía de Pontevedra o intento de agresión sexual do foi vítima unha funcionaria do penal.

Un interno supuestsmente agrediuna mentres realizaba tarefas de vixilancia o pasado venres, 22 de novembro.

Este grave incidente sacouno á luz o sindicato ACAIP-UGT. Segundo o seu relato, o interno sorprendeuna nunha das escaleiras alegando que debía entregarlle un documento. Cando ela se achegou para ler o papel, suxeitouna polo pescozo e apretouna contra a parede.

Nese momento, realizou actos en contra da vontade dela, violentándoa e mesmo producíndolle feridas no beizo superior, ata que ela logrou liberarse.

El perseguiuna e continuou acosándoa verbalmente, ata que ela conseguiu chegar á cabina de seguridade onde se atopaban outros compañeiros.

O xefe de servizos ordenou o traslado provisional do interno a illamento.

Desde ACAIP-UGT denuncian que "este feito non é un caso illado, senón o reflexo dunha problemática máis ampla que afecta as traballadoras penais".

O sindicato sinala que, a pesar da gravidade destes incidentes, a administración penal carece de rexistros específicos de denuncias por acoso ou agresións sexuais cara a funcionarias. Con todo, fontes penais consultadas por este xornal sinalan que si hai rexistros e que esa agresión si se rexistrou.