Demetrio Gómez recibirá á Asociación O Mirador e o PP critica que non vaia o alcalde

Pontevedra
05 de outubro 2021

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez citou para o vindeiro xoves, 14 de outubro, ás 10.00 horas aos representantes da Asociación de veciños O Mirador de Monte Porreiro. A cita será no edificio administrativo de Michelena. Pola súa banda o portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, criticou que esa reunión non sexa co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Demetrio Gómez, concelleiro de Obras Urbanas e de Mobilidade Mónica Patxot

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez citou para o vindeiro xoves, 14 de outubro, ás 10.00 horas aos representantes da Asociación de veciños O Mirador de Monte Porreiro. A cita será no edificio administrativo de Michelena.

Pola súa banda o portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, criticou que esa reunión non sexa co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

"Es una vergüenza que Lores no tenga un minuto para escuchar a los vecinos de Monte Porreiro y que se justifiquen su falta de compromiso. En cualquier ciudad un alcalde recibe y habla con cualquier vecino, aquí desgraciadamente no", dixo Domínguez.

O portavoz do PP local tamén citará aos veciños de Monte Porreiro a un encontro social nas próximas semanas para "emprender un proyecto común que logre comprometer al Gobierno local a llevar a cabo las inversiones que este barrio lleva demandando tantos años". Esta mesma tarde, Domínguez anuncia que comezará as primeiras reunións con diferentes axentes sociais "para trabajar en el encuentro y así seguir tomando el pulso al barrio".