Delimitan as áreas para os tres estacionamentos disuasorios na barriada Virxe do Carme

Marín
16 de febreiro 2021

Este proxecto enmárcase na procura de novos espazos dedicados ao estacionamento para poder xestionar de xeito máis humanizado o entorno público. Nos últimos anos creáronse preto de 600 novas prazas de aparcamento nestas áreas de estacionamento disuasorio, todas elas en pleno casco urbano

Zona da barriada Virxe do Carme que acollerá un estacionamento

Unha área fronte o centro de saúde e dúas dentro do perímetro das vivendas. Son as zonas da barriada Virxe do Carme que serán habilitadas como aparcamentos disuasorios.

Operarios municipais xa comezaron a arrombar estes terreos para habilitar as corenta prazas de estacionamento que se van a crear grazas o acordo alcanzado con Defensa.

A cesión das parcelas foi autorizada polo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa e permitirán, segundo o Concello, "osixenar" a demanda de aparcamentos.

Os traballos comezarán co reprantexo das parcelas, para despois poder formigonar no caso da parcela exterior da barriada, que é a que se atopa en peor estado, e proceder ao pintado de marcas de delimitación de prazas nos tres terreos.

Nas zonas situadas entre as vivendas sacaranse as grapas que actualmente delimitan estes espazos, segundo destaca o goberno municipal.

Este proxecto enmárcase na procura de novos espazos dedicados ao estacionamento para poder xestionar de xeito máis humanizado o entorno público.

Nos últimos anos creáronse preto de 600 novas prazas de aparcamento nestas áreas de estacionamento disuasorio, todas elas en pleno casco urbano.