Sobre as 16.30 horas deste xoves iniciouse un incendio forestal nas inmediacións do poboado chabolista do Vao de Arriba.
No lugar actuaron: un axente, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero da base do Campiño.Tamén acudiron efectivos da Policía Local de Poio e da Policía Nacional.
A pesar de atoparse o parque de bombeiros de Pontevedra nas inmediacións non foi requirida a súa intervención ao non supoñer un problema para as vivendas da zona.
Desde a Policía Local de Poio informaron que "todo indica que foi provocado". "Todo o personal de emerxencias está traballando para sofocalo canto antes, ainda que o vento non axuda", engadiron.
A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado o lume ás 17.25 horas.
Nunha primeira estimación calcúlase que foron uns 1.200 metros cadrados de superficie afectada.