Danza en Barro contra as violencias machistas

Barro
24 de abril 2018

É unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade

Acción do programa Violencia Zero en Barro Deputación de Pontevedra

Un espectáculo de danza, interpretado por Amparo Novas, foi a acción elixida para levar o programa Violencia Zero ao colexio Amor Ruibal de Barro.

É unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Máis dun cento de nenos e nenas reflexionaron, a través deste espectáculo da artista de Cangas, sobre as violencias machistas e as condutas tóxicas.

Amparo Novas representou a súa obra "A solas", unha peza artística na que, a través da danza, amosou a fraxilidade e fortaleza dunha muller en situacións críticas.

Na súa actuación visibilizou a discriminación sufrida pola muller e, á vez, mostrou a fortaleza intrínseca das mulleres e a súa capacidade de resiliencia.