Dá positivo en drogas tras protagonizar catro accidentes en Poio e Pontevedra

Poio
10 de xullo 2022

A colaboración cidadá foi crave para localizar un Peugeot 307 de cor prata responsable de catro accidentes en Poio e Pontevedra, conducido por un home que deu positivo por drogas. O seu periplo comezou esta mañá na Rúa Pernas Peña, na Caiera

Policía Local na Caeira Policía Local de Poio

A colaboración cidadá foi crave para localizar un Peugeot 307 de cor prata responsable de catro accidentes en Poio e Pontevedra, conducido por un home que deu positivo por drogas.

O seu periplo comezou esta mañá na Rúa Pernas Peña, na Caeira, segundo informa a Policía Local de Poio.

O coche, tras saír da vía e bater contra un pivote, proseguiu a súa marcha deixando partes do turismo pola calzada ata xirar na Rúa Río Miño.

Alí volveu a ter outro accidente, esta vez contra un vehículo estacionado, provocando danos tanto no coche como no mobiliario urbano da zona.

O conductor volveu a darse á fuga sen facilitar datos, e sen alertar a policía.

A causa do accidente foi o exceso de velocidade, segundo a Policía Local, que iniciaron os trámites para identificar o condutor e o vehículo para investigar o accidente.

Durante toda a mañá, foron varias personas as que chamaron ás autoridades para comunicar por donde ía circulando. Tras dar aviso á Policía Local de Pontevedra, o home foi interceptado circulando pola Avenida de Marín, despois de ter dous accidentes máis na zona da Parda

Na proba de alcohol e drogas, o condutor deu positivo en dúas substancias psicotrópicas.

Será investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria con influencias en drogas na conducción e resultado de, al menos, catro accidentes.