Dá positivo en drogas tras lanzar ameazas e golpear o turismo co que impactara en Mato Calderón

Poio
15 de maio 2023

O accidente producíase ás 10.35 horas cun impacto frontolateral entre dous turismos. Segundo informa a Policía Local de Poio, un dos condutores creou un altercado na rúa despois do impacto proferindo ameazas ao outro condutor e gopeando o turismo causando danos. Queda proposto a sanción de mil euros e retirada de seis puntos de permiso de circulación

Patrullas da Policía Local de Poio que interviron no lugar do accidente Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio interviña na mañá deste luns ao rexistrarse un accidente de tráfico na Rúa Mato Calderón.

O impacto producíase ao redor das 10.35 horas cando dous turismos chocaban frontolateralmente, cun dos ocupantes dun dos vehículos implicados con feridas leves.

A Policía Local investiga as causas do impacto que estarían relacionadas cun descoido na condución e unha velocidade inadecuada para esta vía.

Por mor do accidente, un dos condutores orixinou un altercado na rúa ao comezar a ameazar ao outro condutor, causándolle danos no turismo como consecuencia dos golpes efectuados contra o vehículo.

Despois de realizarse a proba de drogas, o condutor que realizaba as ameazas daba positivo por presenza de THC, tetrahidrocannabinnol, principal constituínte psicoactivo do cánnabis, no organismo. 

Os axentes da Policía Local propuxeron a sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de circulación. 

No dispositivo posto en marcha participaba unha ambulancia do 061, que trasladaba á persoa ferida a un centro hospitalario para unha avaliación completa das lesións.