Cuntis promociona o seu potencial turístico en Fitur

Umia
25 de xaneiro 2024

Manuel Campos, alcalde do municipio, e Conchy Campos, tenente de alcalde, participaron este xoves 25 na feira de turismo máis importante do mundo representando a Cuntis en diferentes actividades promocionais e, en concreto, formaron parte da proposta da Deputación de Pontevedra

Presenza de Cuntis en Fitur 2024 Concello de Cuntis

Manuel Campos, alcalde de Cuntis, e Conchy Campos, tenente de alcalde, acudían este xoves a Fitur, a considerada feira de turismo máis importaante do mundo, representando ao municipio en diversas actividades promocionais.

Durante a visita mantiveron un encontro con Luis López, presidente da Deputación, e tamén participaron nas accións de promoción xestionadas pola Deputación de Pontevedra coa idea de fomentar a provincia como destino turístico ao longo deste ano.

Na campaña promovida desde a Deputación de Pontevedra ponse en valor o potencial turístico de toda a provincia e recóllese a importancia dos castros como elemento patrimonial, cultural e de interese; punto no que Cuntis destaca co xacemento de Castrolandín.

Nesta xornada, os representantes municipais mantiveron contacto con diferentes profesionais e administracións do sector turístico coa intención de atraer visitantes á vila nos próximos meses.