Cuntis ofrece unha charla formativa ao redor da plantación de castiñeiros

Umia
12 de setembro 2019

Informarase os participantes sobre as pragas como a avispilla, o chancro ou a tinta e abordarase a importancia da separación entre plantas

Charla formativa no Concello de Cuntis Concello de Cuntis

Cuntis acolle unha nova charla formativa ao redor da plantación de castiñeiros, neste caso versará sobre "A sanidade vexetal e a distancia entre plantacións de castiñeiro".

Informarase os participantes sobre as pragas como a avispilla, o chancro ou a tinta e abordarase a importancia da separación entre plantas.

Esta nova acción vén reforzar o proxecto de xestión integral para o aproveitamento sustentable dos soutos de castiñeiro que vén desenvolvéndose durante todo o ano no propio concello.

Esta iniciativa completarase con varios cursos, tanto presenciais como de formación mixta e pretende capacitar aos alumnos en métodos eficaces de aproveitamento para recuperar o cultivo do castiñeiro.

Desde o concello de Cuntis apúntase que ademais de transformar o territorio dando "alternativas ao eucalipto" con esta formación búscase unha "maneira eficaz de combater o desemprego" e facer unha "aposta forte polo rural".

Cuntis pertence á Indicación Xeográfica Protexida e, segundo o Concello, a súa "aposta pola castaña é total como o demostra esta formación anual e as súas xornadas de exaltación do propio froito".

Esta medida esta financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Interreg.