Cuntis celebra os 110 anos de vida da súa veciña máis lonxeva

Umia
19 de novembro 2019

Josefina Villaverde Fontenla, que segue gozando de boa saúde e "de moito humor", sinalan desde o Concello, recibiu este martes no seu 110 aniversarios a visita do alcalde da localidade

110 aniversario de Josefina Villaverde Fontenla
110 aniversario de Josefina Villaverde Fontenla Concello de Cuntis

No lugar de Laxos, Cuntis, este martes era día de celebración.

Non era para menos, e é que a veciña máis lonxeva do municipio cumpría nada menos que 110 anos.

Josefina Villaverde Fontenla, nacida o 19 de novembro de 1909, recibiu na súa casa a visita do alcalde, Manuel Campos, e das concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro, con quen compartiu un agradable intre.

Trátase dunha persoa, recoñece o Concello, que sempre estivo moi implicada na vida diaria do municipio.

A pesar da súa idade Josefina, que segue gozando de boa saúde, non perde o sentido do humor. Así o demostrou ao pedirlles aos representantes do goberno local que dentro de 12 meses volvesen vela cun ramo de rosas, segundo confirmaron os seus convidados.