Cruz Vermella e Zona Monumental promoven a igualdade de trato no mercado laboral

Pontevedra
30 de setembro 2020

Cruz Vermella pon en marcha unha nova campaña dirixida ás empresas da comarca de Pontevedra: "No emprego, conectados polo talento", unha iniciativa que ten como obxectivo promover a igualdade de trato no mercado laboral

Cruz Vermella e Zona Monumental colaboran na campaña "No emprego, conectados polo talento" Cruz Vermella Pontevedra

Cruz Vermella pon en marcha unha nova campaña dirixida ás empresas da comarca de Pontevedra: "No emprego, conectados polo talento", unha iniciativa que ten como obxectivo promover a igualdade de trato no mercado laboral.

Desenvolveranse accións de difusión e sensibilización, así como a repartición de porta máscaras e xeles  hidroalcólicos, nos establecementos pertencentes ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra.

Desde o Plan de Emprego trabállase con persoas en risco de exclusión social. Son persoas que na procura de emprego tópanse con diferentes obstáculos e dificultades ás que agora hai que engadir os cambios provocados pola crise da COVID-19. Para mellorar a súa empregabilidade e que cheguen a ter un posto de traballo, desde a Cruz Vermella considérase fundamental a implicación do tecido empresarial, imprescindible para a construción dunha sociedade máis xusta tanto en materia de emprego como no desenvolvemento de proxectos sociais.

Precisamente con esta campaña preténdese que máis empresas se somen a este reto e se establezan novas alianzas de colaboración con Cruz Vermella.

Actualmente, con Cruz Vermella Pontevedra colaboran 130 empresas de diferentes tamaños e sectores. No último ano, participaron na área de emprego 300 persoas, das que 212 lograron un emprego.