O anuncio da Deputación de Pontevedra de que as obras dos edificios históricos do Museo estarán en obras a mediados do 2022 provocou unha vez máis as críticas da oposición.
O Partidos Popular de Pontevedra lamentou este sábado os "bandazos" do goberno provincial ao asegurar que "xa van pola quinta versión, o que indica que non hai un proxecto claro", asegura a deputada popular Pepa Pardo.
Máis concretamente a representante do PP provincial alude ás intencións mostradas polo vicepresidente da institución, César Mosquera, de manter "o proxecto faraónico e enterrado para os edificios centrais, a pesar de que hai só unhas semanas anunciou que renunciaba a el para integrar Santa Clara ao Museo".
Desde o PP aseguran que esta actuación conta co rexeitamento da sociedade pontevedresa, polo que piden a simple rehabilitación duns edificios que levan uns anos pechados e que se escoite "a opinión dos pontevedreses, que mostran o seu rexeitamento total. Por iso non se entende a súa obsesión por recuperar de novo esa sala soterrada", conclúe Pardo.