Críticas do PP local á xestión das obras de Santa Clara e o cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota

Pontevedra
28 de outubro 2014

O concelleiro popular Ricardo Aguilar pide ao goberno bipartito "que dejen de discutir y se centren en acabar las obras bien" antes das eleccións municipais

Obras na rúa Santa Clara PontevedraViva

A xestión das obras na rúa Santa Clara e o novo cambio de pavimento previsto no cruzamento entre as rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota e Cobián Roffignac provocaron de novo as críticas do grupo municipal do Partido Popular.

O concelleiro do PP Ricardo Aguilar compareceu ante os medios de comunicación para pedir ao goberno bipartito"que dejen de discutir y se centren en acabar las obras bien" antes das próximas eleccións municipais.

No caso de Santa Clara, Aguilar citou expresamente o tenente de alcalde, Antón Louro, por "iniciar las obras sin permiso de Patrimonio", en relación ao atraso provocado pola escavación arqueolóxica na zona.

Ademais o edil popular valorou como "el colmo de todo que el inicio de la obra vaya a ser reparado por estar mal hecho".

Por outra parte en relación ao cruzamento de Benito Corbal o popular esixiu celeridade no cambio de pavimentación anunciado polo Concello.