Crema de cabaza con mexillóns ao natural Pescamar

Pontevedra
08 de febreiro 2020

Unha receita para servir como entrante e coa que aproveitaremos todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Crema de cabaza con mexillóns Montse Camprubi en Pixabay

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita perfecta para servir como entrante e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón. Nesta ocasión, como acompañamento dunha lixeira crema de cabaza, moi axeitada nesta época do ano.

Os mexillóns de Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Para preparar unha saborosa Crema de cabaza con mexillóns ao natural Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata demexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar

- 1 cabaza (sobre 1 kg. de polpa)

- 1,5 l. de auga

- 1 dl. de leite

- 0,5 l. de nata

- Aceite de oliva virxe extra

- 1 cebola

- 20 gr. de fariña

- Sal

- 0,5 dl. de caldo de verduras

- Pementa branca

- 50 gr. de pebidas de cabaza

Preparación:

Picamos a cebola e a refogamos en aceite de oliva. Cando empece a estar transparente, incorporamos a polpa da cabaza previamente cortada en anacos pequenos, salpementamos e agregamos a fariña. Unha vez estea dourada, engadimos o caldo de verduras, a auga e o leite, remexemos ben e deixamos cocer durante 40 minutos.

Transcorrido o tempo, retiramos do lume e trituramos, engadimos a nata e rectificamos de sal e pementa.

Servimos a crema en cuncos individuais. Por riba, dispoñemos os mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar, unhas poucas pebidas de cabaza e un chorriño de aceite de oliva virxe extra.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.