Crece o paro en decembro: 1.247 persoas sumáronse ás listas de desemprego en Pontevedra

Pontevedra
05 de xaneiro 2015
Actualizado: 14:47

Decembro foi un bo mes para as cifras do paro en case toda España, pero non en Pontevedra. A provincia volveu superar a barreira dos 100.000 parados no último mes de 2014. Tras este terceiro mes consecutivo de suba, Pontevedra pecha o ano cun total de 100.428 persoas sen traballo

Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra Mónica Patxot

Decembro foi un bo mes para as cifras do paro en case toda España, pero non en Pontevedra. Con todo, na capital da provincia apenas se produciron cambios con respecto ao mes de novembro. O paro na cidade creceu en 7 persoas, un 0,09%, con respecto ao mes anterior. Pecha 2014 cun total de 8.125 parados, segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Traballo e Benestar.

En todo caso, os servizos públicos de Emprego destacan que Pontevedra conta con menos parados que hai un ano. Entón, había 8.505 persoas desempregadas na cidade, un 4,47% máis que en decembro deste ano.

O aumento das listas do paro neste mes de decembro foi a tónica xeral na provincia de Pontevedra, aínda que máis acusada na comarca do Salnés. En concreto, subiu en todos os municipios salvo en Bueu, Cuntis, A Lama, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Portas y Vilaboa. 

 Decembro 2014Novembro 2014Variación mensual
Pontevedra8.1258.1187 (0,09%)
Barro41239319 (4,83%)
Bueu1.0921.112-20 (-1,80%)
Caldas de Reis1.1541.11143 (3,87%)
Cambados1.5511.441110 (7,63%)
Campo Lameiro2172134 (1,88%)
Cotobade4664606 (1,30%)
Cuntis527539-12 (-2,23%)
O Grove1.2911.159132 (11,39%)
A Illa de Arousa40539015 (3,85%)
A Lama255259-4 (-1,54%)
Marín2.3292.373-44 (1,85%)
Meaño60158021 (3,62%)
Meis58654244 (8,12%)
Moraña5355238 (2,29%)
Poio1.5681.608-40 (-1,37%)
Ponte Caldelas705712-7 (-0,98%)
Portas325327-2 (-0,61%)
Ribadumia51549718 (3,62%)
Sanxenxo1.7321.69537 (2,18%)
Vilaboa621622-1 (-0,16%)
Vilagarcía de Arousa4.7524.65696 (2,06%)
Vilanova de Arousa1.1911.10784 (7,59%)

 

DATOS PROVINCIAIS

Pola súa banda, a provincia volveu superar a barreira dos 100.000 parados no último mes de 2014, segundo se desprende dos datos que fixo público este luns o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. En concreto, 1.247 persoas incorporáronse ás listas do desemprego, un 1,26% máis que en novembro.

Tras este terceiro mes consecutivo de suba, Pontevedra pecha o ano cun total de 100.428 persoas sen traballo. Non é unha cifra positiva, en ningún caso, aínda que si é certo que, se se analizan os datos interanuais, a provincia logrou reducir os datos do paro en 8.159 persoas. En decembro de 2013 había 108.587 pontevedreses rexistrados nas listas do Servizo Público de Emprego, un 7,51% máis que doce meses despois.

O maior aumento do paro en decembro rexístrase no sector da construción e na industria con 739 e 412 parados máis respectivamente. Tamén crece no sector servizos con 238 desempregados máis e na agricultura (70 máis). Só diminúe entre aqueles sen emprego anterior, onde 212 persoas encontraron o seu primeiro traballo.

Ademais, en decembro asináronse 23.573 contratos laborais na provincia de Pontevedra. De todos eles, só 1,594 (un 6,76%) foron de carácter indefinido.

Estas cifras de desemprego na provincia de Pontevedra seguen a mesma tendencia que presenta o global de Galicia. A comunidade pechou o mes de decembro con 251.918 parados, 3.286 máis que no mes anterior, unha cifra que supón un aumento do 1,32%.

En España, non obstante, o número de parados baixou en decembro en 64.405 persoas, o segundo maior descenso nese mes de toda a serie histórica e deixa a cifra total de paro rexistrado en 4.447.711 persoas, un 5,39% (253.627 persoas) que hai un ano.

Arquivado en