Crean máis prazas de aparcamento gratuítas no núcleo comercial de Arcade

Soutomaior
21 de agosto 2024

O Concello de Soutomaior iniciou este mércores as obras de ampliación do aparcadoiro na Avenida Xosé Solla, situado xunto ao Cruce de Pierres, coa creación de vinte prazas máis que se sumarán ás vinte actuais

Obras para crear 20 prazas de aparcamento na Avenida Xosé Solla Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior iniciou este mércores as obras de ampliación do aparcadoiro na Avenida Xosé Solla, situado xunto ao Cruce de Pierres.

A intención é aumentar o número de prazas de aparcamento gratuítas no núcleo comercial de Arcade.

Segundo informou o alcalde, Manu Lourenzo, esta intervención permitirá duplicar as prazas dispoñibles na zona.

As novas prazas na Avenida Xosé Solla súmanse ás habilitadas o pasado mes de maio na rúa Forneira, onde se crearon 20 prazas que dan servizo tanto a negocios de restauración como a zonas de lecer.

O concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido, destacou que continúan as negociacións para incrementar aínda máis o número de prazas de aparcamento na área urbana.

O alcalde agradeceu a colaboración dos propietarios das fincas que cederon os seus terreos de forma gratuíta, permitindo así a execución destas melloras.

Lourenzo subliñou tamén que esta ampliación forma parte do compromiso do goberno local de facilitar o acceso ao comercio local e mellorar a calidade de vida dos veciños, mentres se traballa nun modelo urbano máis eficiente e ordenado.