A Xunta adxudicou á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA), por 687.504 euros, a execución das obras de mellora de seguridade da estrada PO-531 ao paso pola parroquia pontevedresa de Campañó.
Esta intervención desenvolveranse no treito desta vía autonómica entre o cruce coa estrada del Vao PO-310 e o cruce coa variante norte de Poio (VG-4.8).
Dende a Consellería de Infraestruturas agardan asinar o contrato nos vindeiros días e que as obras se inicien, previsiblemente, a mediados do mes de novembro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Os traballos contan cun prazo de execución de 8 meses.
Executaranse sendas peonís en ambas as marxes da estrada, entre a nova glorieta e a rotonda da VG-4.8.
Por outra parte, transformarase en glorieta a intersección en "T" que conecta esta vía coa estrada PO-310. Acometerase unha rotonda cun diámetro exterior de 30 metros e un diámetro interior de 8, con dous carrís e dúas beiravías.
Ademais, procederase ao acondicionamento da intersección na marxe esquerda de acceso ao colexio CEIP Campañó. Tamén se habilitarán neste punto dúas zonas de aparcadoiro, nas proximidades da estrada PO-531.
Para acadar un proxecto integral tamén se acondicionarán as paradas de autobús existentes, incluíndo a instalación de refuxios.