Catro días de corte de tráfico na Avenida de Pontevedra polas obras no Miradoiro da Peixeira

Sanxenxo
07 de xaneiro 2025
Actualizado: 15:43

O goberno local de Sanxenxo indica que desde este martes 7 ata o venres 10 vai producirse este corte de tráfico en Portonovo centrado entre a zona da Subida San Roque e o Miradoiro

Zona de obras do Miradoiro da Peixeira Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo informa que desde hoxe martes e ata o vindeiro venres 10 de xaneiro permanecerá cortado ao tráfico un tramo da Avenida de Pontevedra en Portonovo.

O motivo desta alteración atópase nas obras que se están a realizar no Miradoiro da Peixeira.

O corte afecta á zona da Subida San Roque, establecéndose un itinerario alternativo pola Rúa Ourense, Rúa Cervantes e Rúa Arturo Fontán para acceder á contorna do Campo San Roque.

Ademais, habilitouse un tramo da avenida de Pontevedra, desde a Rotonda do Mariñeiro ata as proximidades da Subida San Roque, para uso exclusivo de residentes e acceso a garaxes.

Como consecuencia destas obras, a parada de autobús escolar do Enxido trasládase temporalmente á parada do Mercado de Portonovo.

Os traballos, que están sendo executados pola empresa Misturas, Obras e Proxectos, supoñen un investimento de preto de 943.000 euros e abranguen unha superficie total de 3.100 metros cadrados

Desde o goberno local recomendan aos condutores que teñan en conta estas alteracións no tráfico e utilicen as rutas alternativas sinaladas durante os catro días que durarán os traballos nesta punto.

Corte de tráfico na Avenida de Pontevedra   Concello de Sanxenxo