O Concello de Pontevedra anunciou un dispositivo de tráfico para o vindeiro domingo na céntrica rúa Cobián Roffignac.
Este vial estará pechado desde a mañá pola retirada dun guindastre empregado nas obras no número 18 desta rúa o que provocará o corte ao tráfico o vindeiro domingo, 8 de setembro.
O Concello de Pontevedra informou que o vial permanecerá cortado á circulación rodada desde as 08.00 horas e ata as 18.00 horas do domingo.
Para garantir a accesibilidade de vehículos durante esta xornada, a Policía Local elaborou un dispositivo de tráfico alternativo do que informará a través de sinalización e dos operarios encargados de garantir o correcto funcionamento do desvío.