A Alameda de Pontevedra repite como espazo escollido para a edición 22 do Correlingua, a "maior actividade de normalización lingüística no país" e "o maior acontecemento de promoción do idioma", segundo indican os organizadores.
Este venres, o concelleiro Alberto Oubiña; Xacobe Rodríguez, secretario comarcal CIG-Ensino en Pontevedra; e Marta Ferreiro, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, presentaban as actividades que se desenvolverán o mércores 4 de maio en Pontevedra, como punto de partida inicial do Correlingua que se irá estendendo posteriormente a outras localidades de Galicia.
Nesta ocasión o lema será 'Fálame', unha consigna creada de xeito colaborativo en obradoiros de lingua deste proxecto realizados en centros escolares coa idea de ofrecer unha idea positiva. A imaxe que figura nas mochilas que se entregarán ao alumnado participante é de Xulia Pisón.
Debido a que estamos na fase seguinte á pandemia, nesta ocasión o acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas na Alameda cunha festa, segundo explicou Xacobe Rodríguez, cun modelo "híbrido" tendo en conta como se desenvolveu en anos precedentes sen celebración da tradicional carreira. Neste evento participará a banda musical Mecánica Rolling Band, gañadora do Cantalingua.
A presentación será a cargo doutra habitual desta cita, a actriz Isabel Risco, que se encargará tamén da lectura do manifesto deste ano en defensa do idioma.
Participarán estudantes dos colexios de San Martiño, Froebel; Marcos dá Portela; Vidal Portela; Xunqueira 2; Campañó, IES Frei Martín Sarmiento; Isidora Riestra de Poio; CPI de Meis; IES de Ponte Caldelas; IES A Xunqueira I; colexio de Barcelos e de Santo André de Xeve. Nesta ocasión entregarase aos participantes un lote de libros doados por diversas librerías de Pontevedra e das editoras Kalandraka e OQO.
Están a realizarse outras propostas nos centros con actividades non competitivas con talleres de Banda Deseñada; de regueifas; sesións de contos; e de palabras para o vento, con "papaventos" mesturados con palabras nun formato moi orixinal. O Concello de Pontevedra continúa a colaborar coa organización deste proxecto que promove a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa de Normalización Lingüística.
Tanto Alberto Oubiña como Marta Ferreiro destacaron o labor que se realiza detrás para manter esta actividade en funcionamento e sendo referente en Galicia. Explican a importancia destas accións para fomentar a lingua galega que sofre un golpe duro desde a aplicación do Decreto de Plurilingüismo.
"É a única norma coñecida que prohibe impartir clases no teu idioma. Iso non acontece en ningún país do mundo", afirma Ferreiro señalando que las materias que se imparten en español son las consideradas "prestixiosas pola sociedade e iso non é casual. As propias cifras oficiais son alarmantes, estamos ante a primeira xeración que ten falta de competencia en galego", denuncia.
Pola súa banda, Alberto Oubiña sinalou que moitos docentes vense obrigados a saltar a normativa para dar clase en galego e, posteriormente, foron advertidos pola administración.