Corenta e cinco persoas denunciadas por incumprir no Nadal as restricións pola covid-19

Pontevedra
28 de decembro 2021

Ata 45 denuncias presentou a Policía Local de Pontevedra contra persoas que, durante esta primeira semana de Nadal, incumpriron as restricións impostas pola alta incidencia da covid-19 na nosa cidade

Policía Local de Pontevedra Mónica Patxot

Ata 45 denuncias presentou a Policía Local de Pontevedra contra persoas que, durante esta primeira semana de Nadal, incumpriron as restricións impostas pola alta incidencia da covid-19 na nosa cidade.

Trece destas denuncias foron por beber alcol na rúa e outras dez por non levar máscara, segundo informou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.

Os axentes da Policía Local propuxo para sanción a oito persoas que incumpriron o toque de queda, a cinco que non respectaron o peche perimetral e a cinco que se reuniron no mesmo domicilio sen ser conviventes.

Ademais, entre as denuncias presentadas tamén figuran dúas persoas que fumaban na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e outras dúas persoas por faltar ao respecto á autoridade.

Estas denuncias corresponden a período que vai entre os días 21 e 27 de decembro.