Convocan unha xuntanza en Monte Porreiro para reclamar máis pediatras en Pontevedra

Pontevedra
10 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A convocatoria realizase a través da asociación veciñal O Mirador para o xoves 18 de abril ás 20.30 horas no Centro Cultural de Monte Porreiro

Centro Cultural de Monte Porreiro PontevedraViva

A asociación veciñal O Mirador de Monte Porreiro realizou unha convocatoria a todas as asociacións e persoas interesadas para analizar a situación pediátrica que se está a rexistrar no municipio de Pontevedra.

Esta charla contará coa participación de integrantes da plataforma ‘Loita’ para indicar ás persoas asistentes os pasos que se deben realizar para reclamar máis servizos de Pediatría.

Dende a asociación veciñal indican que hai centros de saúde que carecen de profesionais pediátricos. Por este motivo, entenden que é necesario “facer máis forza para reclamar” que estes servizos ofrezan a atención necesaria á poboación.

A convocatoria é aberta e levarase a cabo no Centro Cultural de Monte Porreiro o xoves 18 de abril ás 20.30 horas.