O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou da previsión de vacinación poboacional contra a Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés para este martes 10 de agosto.
No Recinto feiral de Pontevedra hai 4.848 persoas convocadas pola mañá e pola tarde, para recibir o preparado de Pfizer. Son primeiras doses para persoas en idades de 20 a 29 anos.
Tamén no recinto de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa, están citadas 1.258 persoas en idades de 20 a 29 anos para recibir o seu primeiro pinchazo de Pfizer.
Tamén haberá "repesca" para aquelas persoas de grupos de idade que xa foron citados pero que no seu caso aínda non recibiron a vacina contra a covid-19, co fin de que poidan sumarse ao proceso de inmunización. Moitos son cidadáns que inicialmente rexeitaron a profilaxe ou coas que non foi posible o contacto telefónico.
No Hospital Montecelo foron convocados 175 persoas e no comarcal do Salnés otras 54, todos eles miores de 40 anos que serán vacinados con Janssen.
O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, amosouse decepcionado ao constatarse que a nosa Comunidade Autónoma non vai recibir nin unha soa das 3,4 millóns de doses extra anunciadas a semana pasada polo presidente do Goberno.
Galicia terá, este mes de agosto, menos doses das que tivo en xuño e en xullo, "o que non é de recibo". Ademáis nesta semana e a seguinte o envío de viais de Moderna se reduce un 50%, o que significa que, "non podemos administrar esas primeiras doses, posto que debemos garantir as segundas, que xa corresponden por tempo".
"A estas persoas se lles administrará Pzifer, grazas á reserva estratéxica que fai a nosa Comunidade", indicou o conselleiro.