Controis de temperatura, elementos de separación persoal e máis limpeza nos plans de desescalada da Deputación

Pontevedra
04 de maio 2020

O comité de seguimento do Covid-19 da Deputación reuniuse este luns para trazar a folla de roteiro na progresiva volta á normalidade para os traballadores e a atención ao público nos edificios do ente provincial

Reunión do comité de seguimento do Covid-19 da Deputación Deputación de Pontevedra

O comité de seguimento do Covid-19 da Deputación reuniuse este luns para iniciar a planificación da desescalada. A modificación das bases do Plan Concellos foi unha das primeiras medidas acordadas por todos os integrandes deste comité, no que está tamén a oposición e técnicos do ente provincial. Ademais estudan a modificación do orzamento que será debatido no pleno de xuño ou a avaliación de todos aqueles programas provinciais que supoñen a afluencia de persoas ou relacións interpersoais. “Queremos ser tremendamente prudentes", dixo a presidenta, Carmela Silva.

Entre outros acordos derivados desta reunión está a reinciporación das 550 persoas que están a facer teletraballo de forma gradual. Ademais, nos lugares de traballo a Deputación planifica a instalación de elementos de separación nas diferentes dependencias. Ademais, os dispositivos dixitais para fichar serán substituídos por outros con tarxeta e limitarase o uso dos ascensores.

Para a atención aos usuarios, instalaranse arcos de medición de temperatura nos accesos a algúns edificios, fomentaranse os sistemas de cita previa, estableceranse sentidos de circulación no interior dos edificios ou permanencia limitada a un máximo de 15 minutos no interior dos edificios.

En cando á dotación de elementos de seguridade persoal, a Deputación calcula que dispón de máscaras para satisfacer as necesidades de todo o seu persoal durante o próximos seis meses. Non obstamte, completaron a adquisición de delanteles de polietileno, lentes, pantallas, luvas buxos e máis de 500 litros de antiséptico para uso do persoal laboral.

As medidas de precaución compleméntanse coas instrucións á empresa de limpeza para extremar a hixiene con novos protocolos prestando especial atención aos elementos máis perigosos como vectores do transmisión do virus, limpeza de filtros de aire, ventilación e correcta xestión dos residuos.