Contratan un estudo de patoloxías actualizado dos edificios centrais do Museo

Pontevedra
17 de abril 2021

Os trámites para a rehabilitación do Museo de Pontevedra seguen a súa marcha. Despois da luz verde obtida para a modificación do Peprica, que permitirá a conexión soterrada dos edificios fundacionais, o Museo contratou un estudo de patoloxías actualizado dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López para coñecer as súas deficiencias

Edificios García Flórez e Castro Monteagudo Mónica Patxot

Os trámites para a rehabilitación do Museo de Pontevedra seguen a súa marcha. Despois da luz verde obtida para a modificación do Peprica, que permitirá a conexión soterrada dos edificios fundacionais, o Museo contratou un estudo de patoloxías actualizado dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López para coñecer as súas deficiencias.

O vicepresidente Mosquera explicou que xa existía un estudo previo que deixaba claro que o estado dos inmobles era moi malo, pero considera necesario "coñecer de maneira actualizada e ao detalle a situación real para evitar sorpresas". Considera que os edificios están en estado ruinoso, pero é necesario ver e concretar se aparte das deficiencias visibles xa detectadas existen outros problemas que afecten aos seus elementos principais.

Este estudo de patoloxías, o adxudicou a Deputación á empresa 'Ideas TX Enxeñería', despois de ser elixida entre dez firmas. O investimento ascende a 10.690 euros e comezarán a súa execución unha vez rematen os trámites administrativos necesarios.

Mosquera insistiu en que para poder darlle uso aos inmobles é necesario adaptalos á normativa actual en materia de accesibilidade, seguridade estrutural, seguridade fronte a incendios e condicións ambientais. "Agora hai que ver a dispoñibilidade orzamentaria e se é preciso axustar", concluíu.