Consulta o operativo especial de tráfico habilitado con motivo da Feira Franca

Pontevedra
29 de agosto 2018

Desde a Policía Local e o Concello realizan un chamamento para que se utilicen os aparcadoiros disuasorios, ademais de pedir aos veciños e veciñas da cidade que reduzan na medida do posible o uso dos seus vehículos particulares durante o sábado 1 de setembro

Patrulla da Policía Local de Pontevedra Mónica Patxot

A celebración na cidade da Feira Franca os días 31 de agosto e, especialmente, o sábado 1 de setembro motivou a elaboración dun dispositivo especial de tráfico por parte do Concello de Pontevedra no que participarán efectivos da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios.

Ante unha esperada masiva afluencia de visitantes, a principal recomendación correspóndese co chamamento para que se utilicen os aparcadoiros disuasorios repartidos polo centro urbano (Mollabao, Pavillón Municipal, Recinto Feiral, Avenida Bos Aires e Xosé Malvar, A Parda, Avenida de Vigo e Pasarón), ademais de pedir aos veciños e veciñas da cidade que reduzan na medida do posible o uso dos seus vehículos particulares.

Se isto non é posible é importante coñecer os detalles do operativo de tráfico:

  • A partir das 10 horas do sábado se  prohibe a circulación nas rúas da Zona Monumental, ademais de en cálelas Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, Alameda (desvío Echegaray), Galera, Michelena, os tramos peonís de Benito Corbal e Peregrina e na Rúa Maestranza.
  • Desde as 14 horas do sábado pecharase á circulación rodada a contorna da praza de touros, debido á celebración do espectáculo medieval no interior do recinto, afectando o peche ás rúas Víctor Said Armesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e a rúa Canaval.
  • No traslado do viño realizarase ademais un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara e Cobián Roffignac e na intersección de Santa Clara con Perfecto Feijóo.


RESTRICIÓN DE ESTACIONAMENTOS

Nas zonas centrais nas que se desenvolverá a Feira Franca, ademais da propia Zona Monumental, as restricións de aparcadoiro comezarán xa desde o venres 31 de agosto:

  • Desde as 22:00 horas do venres prohíbese estacionar na rúa Santa Clara no tramo entre o convento e Cobián Roffignac debido ao transporte do viño.
  • Na contorna da praza de touros prohíbese aparcar desde as 7:00 horas do venres nas rúas Nostradamus, Víctor Said Armesto, Canaval e no perímetro da praza a partir das 8:00 horas do sábado.
  • A partir das 22:00 horas do venres tampouco se poderá estacionar nos reservados de motos de Maestranza e Paseo Cervantes.
  • Desde as 22:00 horas do venres a Avenida de Bos Aires desde Alfredo García Hermida ata a rotonda da Ponte de Santiago estará reservado como parada de taxis.


MONTAXE E DESMONTE DOS POSTOS

A montaxe nas prazas e rúas da Zona Monumental, así como no resto de zonas habilitadas, poderase realizar o venres 31 de agosto desde as 15:00 ata as 19:00 horas e o sábado 1 de setembro desde as 6:00 ata as 10:00 horas da mañá.

Arquivado en