Conservas Pescamar e Meigas Fóra cociñan bastarda vermella con "sardinillas"

Pontevedra
27 de xaneiro 2017

A décima entrega de "A cociña gourmet en conserva" vístese de gala. Á calidade de Conservas PESCAMAR únese a proposta da cociñeira Marta García Justo, do Restaurante Meigas Fóra.

Bastarda vermella con "sardinillas" en aceite de oliva gourmet de Conservas Pescamar Mónica Patxot

A décima entrega de "A cociña gourmet en conserva" vístese de gala. Á calidade de Conservas PESCAMAR únese a proposta da cociñeira Marta García Justo, do Restaurante Meigas Fóra.

Nesta ocasión, fusiónase a calidade das "sardinillas" en aceite de oliva gourmet PESCAMAR cunha recomendación de salsa bastarda, ideal para acompañar peixes e outorgarlles un toque picante.

Os beneficios desta deliciosa receita son moitos. A salsa axuda á queima de calorías, redución da presión arterial e do "colesterol malo". Pola súa banda, as "sardinillas" van achegar graxas saudables e omega-3, que contribúe na prevención de trastornos cardiovasculares.

A acollida desta proposta culinaria foi tan grande entre a súa clientela, que Meigas Fóra xa inclúe esta receita na súa oferta de tapas. Se queren degustala, pódense achegar polas súas acolledoras instalacións xunto á Praza de Ferrería, con dobre entrada polas rúas San Román e Figueroa. Un local onde se coidan todos os detalles, tanto na cociña como na decoración, ademais dun trato exquisito.

Para preparar unha deliciosa bastarda vermella con "sardinillas" en aceite gourmet PESCAMAR necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de "sardinillas" en aceite de oliva gourmet PESCAMAR

- Vinagre de mazá

- Paprica

- Pementa negra

- Comiño

- Pemento vermello

- Allo

- Aceite de oliva virxe extra

- Sal

- Azucre

Elaboración:

Refogamos en aceite de oliva virxe extra o pemento e o allo, engadimos as especies e o sal.

Incorporamos o vinagre de mazá, deixamos reducir e engadimos un pouco de azucre.

Cociñamos todo o conxunto ata alcanzar a potencia de sabor desexada e trituramos.

Volvemos cociñar, unha vez triturado, para evitar que fermente.

Para empratar, Meigas Fóra proponnos servir nunha cunca unha cantidade suficiente de salsa, que acompañaremos cunhas "sardinillas" en aceite de oliva gourmet PESCAMAR e uns dadiños de pan tostado.

Nuns días, volveremos ofrecervos unha nova receita en "A cociña gourmet en conserva", con Conservas PESCAMAR.