Consellos para evitar problemas de tráfico e aparcadoiro na Feira Franca

Pontevedra
30 de agosto 2016

Ante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello solicita a colaboración cidadán á vez que fai un chamamento ás persoas que chega dende fora da cidade a que usen os aparcadoiros disuasorios ubicados nas zonas de Mollabao, Corbaceiras, o Pavillón de Deportes, Pasarón e a explanada do Recinto Feiral e aos veciños do centro a que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible

Aspecto da Praza de España durante a Feira Franca 2013 Juan Mejuto

A Policía Local e o Concello de Pontevedra organizaron, un ano máis, un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os inconvintes que poden chegar a xerar a Feira Franca e o importante tránsito de persoas e vehículos que invaden toda a cidade, especialmente nas entradas e saídas. Como ven sendo habitual, integrará á Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios.

Ante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello solicita a colaboración cidadán á vez que fai un chamamento ás persoas que chegan dende fora da cidade a que usen os aparcadoiros disuasorios ubicados nas zonas de Mollabao, Corbaceiras, o Pavillón de Deportes, Pasarón e a explanada do Recinto Feiral e aos veciños do centro a que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible, así como facer o acceso á cidade a través da autopista AP-9.

O operativo de tráfico conleva unha serie de medidas coma a restricción de aparcamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.

Entre outras medidas, pecharanse ao tráfico a rúas do centro histórico e o entorno da Praza de TourosEn concreto, restrinxirase a circulación pola zona monumental, Maestranza, Montero Ríos, Galera, Michelena, Benito Corbal (tramo peonil), Arcebispo Malvar, Peregrina (tramo peonil) e o entorno de San Roque.

O operativo tamén regula as tarefas de montaxe dos distintos postos e actividades nas prazas e rúas da Zona Monumental. A montaxe nas prazas e rúas da zona monumental poderase realizar o venres día 2 de setembro dende as 15 ata as 19 horas e o sábado día 3 de setembro dende as 6 ata as 10 horas. Durante ese tempo quedará prohibida a circulación nas rúas do casco histórico, Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, Alameda (desvío por Echegaray), Galera, Benito Corbal (tramo peonil), Peregrina, (tramo peonil), Michelena e Paseo Cervantes.

Ademais, dende as 16.00 horas do 3 de setembro pecharase a circulación de vehículos as rúas do entorno da Praza de Touros por mor da celebración do espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectará ás rúas Víctor Said Armesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.

Durante a actividade de traslado do viño (que se fai dende Padre Amoedo a Sarmiento) realizarase un corte puntual na intersección da rúa Rouco coa Praza Barcelos.

Por outro lado, quedará prohibido aparcar nas rús Nostramo Lourido e Aduana dende o venres ás 7.00 horas, no Paseo de Cervantes e a avenida de Bos Aires dende o venres ás 22.00 horas e no ámbito da Praza de Touros dende o sábado ás 8.00 horas. 

AmpArticleViewer.default.tags