Condenado a 50 días de traballo en beneficio da comunidade por causar danos conducindo bébedo

Poio
21 de novembro 2020

O veciño de Pontevedra que o pasado 13 de novembro foi denunciado pola Policía Local por un presunto delito contra a seguridade viaria, logo de provocar cuantiosos danos materiais co seu vehículo e dar un nivel de alcol en sangue de 1,47 (ata seis veces máis do que permite a lei), someteuse esta semana a un xuízo rápido.

Policía local de Poio Mónica Patxot

O veciño de Pontevedra que o pasado 13 de novembro foi denunciado pola Policía Local por un presunto delito contra a seguridade viaria, logo de provocar cuantiosos danos materiais co seu vehículo e dar un nivel de alcol en sangue de 1,47 (ata seis veces máis do que permite a lei), someteuse esta semana a un xuízo rápido.

Segundo informou a Policía Local o infractor foi sentenciado a 50 días de traballo en beneficio da comunidade.

Ademais, deberá asumir os custes de reparación do mobiliario urbano que foi danado pola saída de vía, así como os danos provocados no peche dunha vivenda. A contía total supera os 2.000 euros. Ademais, privaráselle do carné de conducir durante 16 meses.

O suceso tivo lugar en Pernas Peña, na parroquia de San Salvador.

A Policía Local interceptou ao infractor ao comprobar que circulaba con importantes danos no seu vehículo. Por iso, tamén foi denunciado por tratar de fuxir do lugar dos feitos sen dar parte do sucedido.