Conclúen as obras de mellora do pavimento no camiño que une Resille e O Lameiro, en Marín

Marín
03 de maio 2023

Este camiño non contaba cun firme en boas condicións e mesmo chegaba a ser intransitable nalgúns momentos do inverno

Mellora do camiño que une Resille e O Lameiro Concello de Marín

O camiño que une Resille con O Lameiro, cunha distancia de máis de 200 metros, xa conta cun novo firme. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou do remate desta actuación, que foi financiada pola Xunta de Galicia a través do PIR Rural (o Plan de Infraestruturas Rurais), cun orzamento superior a 46.600 euros.

Este camiño non contaba cun firme en boas condicións, que incluso chegaba a ser intransitable nalgúns momentos do inverno polas chuvias. Así, levouse a cabo a súa mellora e o tratamento de augas superficiais e de infiltración horizontal, para así poder utilizar o camiño en condicións de seguridade e que siga dando servizo veciñal, agrícola e doméstico.

Polo tanto, levouse a cabo o acondicionamiento e a reposición dos regadíos existentes, a drenaxe e o afiado do camiño, a demolición do pavimento existente e o desbroce e a limpeza da plataforma, entre outros traballos.